INICIO > Blog > Espiga-Asociación Galega para a Bioconstrucción

Espiga-Asociación Galega para a Bioconstrucción

6/02/2016

Qué!

Espiga somos unha asociación sen ánimo de lucro adicada á difusión e promoción da bioconstrucción e todo o que conleva… os seus materiais e cualidades, o seu uso,  relacións humanas e sobre todo a sua filosofía de vida.

Quén!

Estamos moi contentos de poder dicir que somos unha comunidade de xente super interesante…!!!

No equipo hai dende técnicos especializados a aplicadores e artesanos do mundillo, pasando por colaboradores sen coñecementos específicos que tamén queren potenciar esta forma de construción natural, sana… e con máis naturalidade!!!

Aquí hai sitio para todos…qué fas que non estás con nos?!!!

Cómo!

De moitas e moi  diversas formas…!!!

Tódolos anos organizamos unas multitudinarias xornadas anuais ás que acude xente moi simpática, interesada na construción natural. Nelas ofrecemos  conferencias con profesionais referentes no seu campo, obradoiros prácticos, mesas de debate, comilonas e… preciosos momentos nos que compartir coñecementos e experiencias personais. Queremos difundir todos os nosos coñecementos e aprender moito, pero tamén queremos saber cales son as túas inquedanzas e tecer unha pequena rede…

Tamén realizamos cursos específicos de temas dos que queremos aprender e formarnos, así como promocionar e potenciar. Neles difundimos as novas técnicas punteras  ou lle damos unha volta ás  tradicionais para recuperalas e presérvalas. Ademáis, estamos abertos a calquera proposta sempre que o tema mole e haxa xentiña interesada, así que xa sabes…!

Nas visitas a obra organizamos percorridos por obras tanto rematadas coma en construción, das que aprendemos as técnicas, trucos e problemas que sempre van derivados da execución dun proxecto, así coma sentimos a calidade e confort derivados de habitar algo feito mediante bioconstrucción… unha pasada!!!

Na Web temos outros simpáticos e moi potentes proxectos que estamos a levar a cabo de forma dixital…

Temos o Mapeo de recursos, no que se recollen de forma xeoreferenciada tódolos recursos humanos e materiais que existen polo país e que son útiles e necesarios á hora de enfrentarse a unha obra. Tamén consta de exemplos de cousiñas xa consturidas para que asimilemos que todo isto está sendo unha realidade.

Bioconstrupedia é unha plataforma libre destinada a ir volcando toda a info e experiencias relacionadas coa bioconstrucción, dunha forma aberta e colaborativa. Así temos tódolos conceptos xuntiños e a bon recaudo. Tanto se tes dúbidas e queres curiosear, coma se controlas dun tema e queres difundilo, esta é a tua plataforma!

Tamén estamos a crear unha base de datos de Detalles Constructivos, para que os técnicos teñan referencias formales para introducir nos seus proxectos e cálculos, se sintan avalados cinetíficamente, e non pareza que isto da bioconstrucción é unha cousa cutre e de baixa calidade.

E o máis importante… imos a traballar no que ti queiras traballar con nos!!! Estamos abertos a que desenvolvas aquí  todos eses proxectos que che interesan e sobre os que poidamos meter enerxía e aprender todos xuntiños!!! Arrechégate!!!

©2017